O pasado venres, 11 de novembro, realizamos na escola unha degustación de productos de outono.
O primeiro que temos que dicir é GRAZAS FAMILIAS; como cada vez que facemos esta actividade, a colaboración é fantástica!!!
Este ano, os nenos e nenas de 4 e 5 anos foron os encargados de invitar ao alumnado de 3 anos a degustar productos e postres típicos da estación do ano na que nos atopamos.
Todos os alimentos que trouxeron viñan acompañados dunha nota informativa onde se amosaba o nome do neno ou nena, o nome do alimento que trouxeran e un debuxo do mesmo.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra:
Os nenos e nenas de 4 e 5 anos explicaban aos seus compañeiros o alimento ou postre que trouxeran.
E o importante: DEGUSTAR!!! e probar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario