Hoxe, 4 de novembro, celebramos na escola o tradicional Magosto.
Días antes desta celebración, estivemos a traballar nas aulas, elaborando as cestiñas onde levariamos as castañas.
Para iso, e contando coa colaboración das familias, o alumnado trouxo á aula un cartón de leite, cortado pola metade.
Este cartón decorámolo con anacos de papeis de diferentes cores; para isto, necesitamos os anacos de papel, cola branca diluída en auga e pinceis.
Colocamos os papeis sobre o cartón e pegamos os mesmos coa cola e o pincel.
Deixámolos secar e, posteriormente, lles pegamos uns debuxos de castañas, previamente coloreados polos nenos e nenas. Tamén necesitamos unha asa para poder levalos ao patio.
Aquí tedes o resultado que agardamos que vos guste.
Hoxe, celebramos o Magosto na escola e baixamos ao patio coas nosas cestas, comimos castañas, bailamos e o pasamos moi ben. Aquí vos deixamos con algunhas imaxes da celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario