Como ben aparece no título desta entrada, nas aulas de infantil estivemos a facer unha saborosas arañas, utilizando galletas Oreo e regalices.
O primeiro que temos que facer é preparar os materiais necesarios, é dicir, precisamos separar as dúas partes das galletas e, por outro lado, cortar en pequenos anacos as regalices.
Recomendación: pode ser que, ao abrir as galletas, rompan en anaquiños, tal e como aparece na imaxe que tedes debaixo. Para que non pasen estas cousillas, pensamos nunhas suxerencias.
Por un lado, utilizar un coitelo para separar as partes; por outro, quentar un pouquiño as galletas para que estean máis brandas e así "despeguen" ben.
Unha vez que teñamos feitos estes pasos, os nenos e nenas xa poden colocar as patas ás arañas, é dicir, colocar os anacos de regaliz sobre a nata das galletas e, posteriormente, tapar a mesma coa outra parte.
Pouco a pouco, iremos conseguindo as nosas saborosas arañas!!!
Dende aquí, vos animamos a desenvolver esta actividade nas casas e compartir cos vosos fillos, netos,... unha xornada "tenebrosa" e "culinaria".
Aquí vos deixamos un vídeo atopado na rede que explica, paso a paso, o procedemento... ADIANTE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario