O alumnado de 4º de educación infantil (3 anos) estivo a traballar no seu proxecto sobre o Outono dunha forma moi especial: con ollos pechados; tocamos, olfateamos, escoitamos, degustamos pero non puidemos ver ata o final o que estabamos a sentir.
O alumnado estaba moi atento ao que ía suceder...
A mestra Lorena tiña unha bolsa nas súas mans e, dentro dela, había varios froitos do outono. Este podían ser secos ou carnosos pero, como o saberiamos se tiñamos os ollos pechados?... pois utilizando o resto dos sentidos e, moi importante, describindo o que estabamos a sentir: é duro?, suave ou áspero?, grande ou pequeno?, ten olor?, como sabe?,...
Estes son algúns dos froitos que había na bolsa.
Recomendamos realizar actividades deste tipo na escola; axudan a desenvolver outros sentidos que, polo xeral, non traballamos tanto como a vista.
Por outro lado, é moi bo porque aprenden a describir, a facer comparacións (grande coma que?, pequeno coma...?,), atrévense a probar sen mirar, a saborear, a tocar,... unha experiencia totalmente recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario