Os alumnos e alumnas de catro anos continuamos traballando co conto "Vamos a mirar colores".
(Para lembrar, noticias publicadas neste blog sobre o conto, podedes premer na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/03/vamos-mirar-colores-na-aula-de-4-anos.html)
Durante todo este tempo
estivemos traballando con cores variadas como as seguintes: vermello, amarelo, laranxa e verde.
Entre outros aspectos traballados, unha das cousas que fixemos foi aprender
unha poesía para cada unha destas cores; a continuación, escribimos algunhas partes da mesma e coloreamos os obxectos aos que fai referencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario