martes, 22 de abril de 2014

Xuntos pola Paz co CEIP. Castelao

Hoxe, martes 22 de abril de 2014, voltamos ás aulas e comezamos o terceiro trimestre deste curso 2013/2014.
Para comezar esta nova etapa con bo pé, que mellor forma de facelo que lembrando a actividade que realizamos na escola o día 11 de abril, o venres anterior as vacacións de Semana Santa.
 Por fin, grazas ás condicións climatolíxucas que acompañaron, puidemos xuntarnos co CEIP. Castelao, de Navia, para facer unha CONVIVENCIA POLA PAZ.
Esta xuntanza estaba programada para o día 30 de xaneiro (http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/01/xuntos-pola-paz.html), pero con tanta cicloxénesis tivemos que retrasar o acto ata mediados de abril.A actividade quedou enmarcada dentro do noso proxecto de centro, titulado "Lendo con Arte". O porche estaba decorado con pombas da Paz do artista español Pablo Picasso que cada curso decorou ao seu gusto (http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/01/as-nosas-pombas-de-paz.html) e agardaban a visita dos nenos e nenas de Navia.
 Sobre as 10:20 horas, comezaron a chegar os autobuses co alumnado do CEIP. Castelado e, todo o alumnado do noso centro agardou con paciencia aos seus compañeiros e compañeiras da mesma idade para entrar ao ximnasio, onde tivo lugar a primeira actividade desta xuntanza.
 Os nenos/as de 5º de educación primaria realizaron unha actuación musical con luz negra, na que conformaban o famoso cadro do "Guernica".
Unha vez rematada esta actuación,  comezaron os xogos cooperativos, dirixidos polos mestres/as e algunhas familias. Os nenos e nenas, divididos por grupos, foron pasando polos distintos xogos: pintacaras, abrazos musicais, contacontos, paracaídas...
Cando os xogos remataron, chegou o momento da merenda, onde os nenos/as aproveitaron para coñecerse en persoa e descobrir aos amigos e amigas que fixeron a través de cartas e murais que intercambiaron.
O CEIP. Castelado, de Navia, agasallóunos cun cadro do "Guernica" precioso.
Rematamos a xuntanza despedíndonos de todos os nenos/as de Navia e agradecéndolles a súa visita.
Foi unha mañá estupenda!!
Para que disfrutedes igual que nós durante a xornada de convivencia, aquí vos deixamos unha presentación de imaxes que reflicten todo o vivido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario