jueves, 24 de abril de 2014

Celebración do Día do Libro 2014

Como xa vos anunciabamos en entradas anteriores do blog, a celebración do día do Libro tivo lugar onte, 23 de abril, con milleiros de actividades programadas na nosa BiblioRía.
Nas dúas portas de entrada á biblioteca escolar podiamos atopar a explicación do motivo de celebrar este día tan especial:
 Como ben sabedes, a UNESCO estableceu a data do 23 de abril como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data do ano 1616 finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da literatura universal; por iso imos ler xuntos o comezo da obra:
"DON QUIJOTE DE LA MANCHA", de Cervantes
para ir coñecendo a obra deste español universal, ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos e nenas de todo o mundo neste día.
Ás 11:30 horas da mañá, o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria baixabamos a BiblioRía para realizar diferentes actividades relacionadas cos libros. O espazo estaba chulísimo, cheo de alusións a esta celebración: libros da literatura universal, libros orixinais, marcapáxinas, agasallos para nenos e nenas,...
O primeiro que fixemos foi escoitar atentamente a mestra Ángeles, quen nos lembrou o motivo de celebrar este Día do Libro e nos presentou aos tres autores mencionados con anterioridade: Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Posteriormente, puidemos escoitar unha fermosa poesía de Paula Carballeira (quen visitou a BiblioRía fai moi pouco tempo (http://biblioria.blogspot.com.es/2014/04/hoxe-visitounos-paula-carballeira.html) 
"Só un libro"_Paula Carballeira
Un dos momentos máis "orixinais" e divertidos que vivimos foi o descobrimento dun libro devorado por un neno! fixádevos na parte dereita de abaixo do conto... Ten unha mordedura!!!
Pois sí, este conto titulado "O incrible neno devorador de libros".
Esta é a historia de Enrique, un neno ó que lle encantan os libros, pero non como a cualquera neno poden gustarlle. Un día, mentres tiña nunha mano un chupa-chups e na outra un libro, Enrique, distraídamente probou o libro. Notou que lle gustaba, e aínda que tiña as súas dúbidas decidiu comerse primeiro unha palabra, logo unha oración e despois unha páxina, logo dun par de días xa se comera todo o libro. Inexplicablemente o coñecemento que tiñan os libros chegaba ó cerebro de Enrique, e pensou que con esto en pouco tempo podería ser a persoa máis lista do mundo, pero de pronto todo empezou a complicarse.


 Aquí vos deixamos cun vídeo sobre a historia, atopado na rede:
 
 Encantóunos este conto e os recomendamos que o vexades. É chulísimo!!!
Por último, puidemos aprender e desfrutar dunha canción de Pablo díaz, titulada "Un libro".
Nas aulas, tamén realizamos actividades variadas; unha delas foi este marcapáxinas tan chulo con Gaspar e o título do proxecto de centro deste ano: "Lendo con arte".
Agardamos que vos gustaran as actividades propostas e, mañá, poderedes desfrutar doutras relacionadas con Cervantes. Estade moi atentos e atentas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario