lunes, 7 de abril de 2014

"En abril, libros mil"

 Como cada mes de abril, a nosa BiblioRía xa está a preparar diferentes actividades para traballar e desenvolver durante este mes de abril.
Así, o pasado martes, 1 de Abril, Gaspar deixou en cada unha das aulas unha carta con sorpresas variadas, coma sempre nos ten acostumados.
A carta dicía o seguinte:

ABRIL: MES DO LIBRO
"EN ABRIL, LIBROS MIL"
 Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estamos xa no Mes do libro.
Xa logo chega a Pascua, e de seguro que andades a pensar na rosca e nos ovos de chocolate que vos van regalar os padriños, non sí?
Mmm... que ricos!!!
Non lembrades que tamén tedes uns padriños no cole? Pero sen agasallo de roscas, eh! Escoitade... teño unha proposta que facervos!

Trátase de volver a facer aquel xogo que se chamaba PADRIÑOS LECTORES. Ou sexa, que un neno ou nena dos maiores lle lía un conto a outro neno ou nena da nosa clase. Que vos parece a idea de volver a ser uns AFILLADOS E AFILLADAS LECTORES?
Pois axiña virán os PADRIÑOS a facervos unha visita; eles e elas xa están impacientes por vervos!
Escoitade atentamente a vosa titora ou titor, que vo lo explicará máis polo miúdo. Xa veredes que divertido é isto! Xa me contaredes! Biquiños de...


Gaspar
Felices Lecturas! (Abril/2014)

Pois ben, este ano, do mesmo xeito que celebramos o curso pasado, voltaremos a realizar a actividade dos padriños/madriñas lectores/as.
O pasado venres, os padriños dos nosos nenos e nenas de educación infantil visitaron as nosas aulas e coñeceron ou voltaron a saudar aos seus afillados e afilladas, quedando repartidos/as do seguinte xeito:
3 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 3º Ed. Primaria.
4 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 4º Ed. Primaria.
5 ANOS: os seus padriños/madriñas son os nenos e nenas de 5º Ed. Primaria.

Dentro de moi pouco (cando pasen as vacacións de Semana Santa) voltaremos a realizar esta actividad tan bonita co noso alumnado. Para que lembredes o ben que resultou o curso pasado, aquí vos deixamos este vídeo de mostra:

No hay comentarios:

Publicar un comentario