Na aula de 4 anos, continuamos a traballar co conto
"Guillermo, el grillo saltarín" ("La mariquita Juanita") e puxemos especial interese en
reflexionar sobre a seguinte frase que aparece na historia:
"Guillermo, saltar debe ser bonito, pero... ¡no es para mí! ¡No soy como tú!"
Os nenos e nenas, por parellas, comprobaron que non eran como o compañeiro ou a compañeira que tiñan diante deles. Utilizando a mesma estructura ou frase que Juanita, o alumnado tivo que lle dicir ao compañeiro/a algunha cousa que saben que a outra persoa fai e que eles non poden.
Tamén fixemos unha roda de preguntas na que os nenos e nenas responderon e argumentaron respostas para as seguintes cuestións: Podes saltar como Guillermo?, Podes nadar coma un peixe dentro dun acuario?, Podes voas polo ceo coma un paxaro?, Podes conducir un coche coma un adulto?, ...
Para rematar, comparamos diferentes animais e clasificamos os que podían saltar como Guillermo e os que non; posteriormente, escribimos o seu nome e os coloreamos.
Un gran traballo. Saúdos.
ResponderEliminarMoitas grazas por comentar, Ana.
ResponderEliminarRecomendamos totalmente estes contos de "La mariquita Juanita"; ao alumnado encántanlles e traballamos moitas cousas con eles (sobre todo, o aprender a pensar).
Saúdos