miércoles, 9 de abril de 2014

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos_Os xogos e as súas normas

Na aula de 4 anos, continuamos a traballar cos contos de "La mariquita Juanita" e, máis concretamento coa historia de "Guillermo, el grillo saltarín", da que xa falabamos nestas dúas entradas do blog:


A semana pasada, seguimos a reflexionar sobre a historia dos nosos amigos, Juanita e Guillermo, e reflexionamos sobre os xogos con regras; para iso, tomamos como elemento motivador o cuadro de Pieter Bruegel titulado "Juego de niños"

Estivemos a descubrir os diferentes xogos que se amosan nesta obra de arte e, posteriormente, expresamos cales eran os que máis nos gustaban. Realizamos un diálogo no que nenos e nenas amosamos as nosas preferencias polos xogos de regras ou, ao contrario, polos que carecen das mesmas. A continuación, reflexionamos sobre a necesidade de ditas regras e sobre a importancia do consenso dos participantes no uso das mesmas.
Tamén, manifestamos as nosas sensacións cando algún compañeiro ou compañeira de xogo non cumpre as regras marcadas, así como a nosa postura á hora que se cumpran as mesmas.
Unha vez rematado o diálogo, cada neno e nena observou os dous cuadros presentes na folla de rexistro e tivo que atopar as cinco diferenzas que había entre eles. Despois, tentamos colorear un deles como o orixinal que tiñamos na pantalla da aula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario