miércoles, 2 de abril de 2014

Cores primarias e secundarias

Na aula de 5 anos, estamos a traballar co noso conto "La Bruja Colorea" e continuamos a investigar sobre as cores. Así, descubrimos que existen cores primarias e secundarias.
 
As cores primarias son aquelas que non podemos obter mediante a mestura doutras cores. Estas cores primarias son o AZUL, o AMARELO e o VERMELLO.
 Por outro lado, existen as CORES SECUNDARIAS, que son aquelas que podemos obter mediante a mestura das anteriores.
AZUL + AMARELO = VERDE
 AMARELO + VERMELLO = LARANXA
AZUL + VERMELLO = VIOLETA
Cada un dos nenos e nenas recolleu na súa folla de rexistro cales eran as cores primarias e secundarias e, na aula, recollimos toda a información nunha folla grande que colocamos no corcho da clase para a poder ver cando queiramos.
Coloreamos primeiro as cores primarias e, a continuación, facendo as mesturas pintamos cada círculo do resultado correspondente, así coma escribimos o nome debaixo.
E ti, sabías que existen cores primarias e secundarias?

Grazas ao traballo doutros compañeiros e compañeiras, puidemos desubrir o blog http://libretasdecolores.blogspot.com.es/ 
no que comparten con nós unha suxerencia de folla de rexistro para as cores e as súas mesturas, que aproveitaremos na nosa aula. Esta é a seguinte:

Doutra banda, no noso blog xa publicamos diferentes artigos relacionados coas cores; para lembrar algún deles e poder voltar a xogar coas cancións ou os xogos na rede, premede nas seguintes ligazóns:

2 comentarios:

  1. Canto aprendíchedes!!!!! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario, Ana!
    Este traballo sobre o arte está a resultar un éxito, xa que os nenos e nenas da aula están moi motivados, así como o resto do alumnado da escola.
    A mestura das cores encántalles e lles gusta moito experimentar eles mesmos, facer as mesturas (ou pocións máxicas, como lle chaman),...
    Bicos

    ResponderEliminar