Neste curso, os corredores da nosa escola enchéronse de arte e se converteron nun museo.
Por unha banda, podemos atopar os cadros que nos trouxo o profesor Carlos, do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, atopamos tamén copias ou reproducións de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas.
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira (Inglés) como nas de Arte en Inglés (nos grupos Plurilingües e Bilingües).
Nun principio, cada curso traballou técnicas pictóricas diversas e, posteriormente, centrou a atención nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada unha destas obras de arte pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum” e que o alumnado de 6º de educación infantil (5 anos) visitou fai poucos días. (Podedes lembrar a visita premendo na seguinte ligazón: http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/06/visitamos-mostra-de-arte-da-aula-de.html)
Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:

- KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
- VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
- EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho"
- PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
- MUNCH- " El grito"
- CÉZANNE- "Autorretrato"
- ARCIMBOLDO- " Las estaciones"
- VELAZQUEZ- " Las meninas"
- LAXEIRO- " O trasmundo"
- PICASSO- " El Guernica"
- MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"
Aquí tedes dúas reportaxes gráficas: na primeira
podedes ver os cadros cedidos ao colexio e na segunda as obras de arte feitas polos nenos e nenas da escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario