lunes, 30 de junio de 2014

Imaxes Festival Fin de Curso

O curso remata e hoxe compartimos con todos e todas esta presentación en imaxes sobre o festival de Fin de curso (educación infantil e 1º ciclo de primaria) que tivo lugar o xoves, 19 de xuño, e que foi todo un éxito!!!
 Como este curso andivemos a trafegar no mundo da arte (grazas ao proxecto de centro que xurdiu da BiblioRía titulado “Lendo con Arte”) os nenos e nenas convertéronse nuns artistas; e así o demostraron neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contaron, do xeito máis artístico, o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar, foi a actuación de 1º e 2º de Primaria, que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”, e nos contaron todos os pormenores e "cotilleos" da corte de Felipe IV, e de todas as personaxes que quedaron inmortalizadas nesta obra de arte. A historia rematou bailando un “Minué”.
En segundo lugar, foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e obra de VINCENT VAN GOGH. Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezou recitando un poema que resumía a vida do artista holandés.
A continuación, os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música: “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que traballaron: “La Noche Estrellada”; para rematar, recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén falaba de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro “La Habitación de Arlés”; a continuación, recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E, xa para rematar, os nenos e nenas de 5 anos bailaron ao son da canción “Happy”, de Pharrell Williams e fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente representando "Los Girasoles”. Tamén eles/as tiñan un poema adicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último, tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o vindeiro curso pasan a Primaria. Norabóa!


Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)

No hay comentarios:

Publicar un comentario