O pasado luns,
16 de xuño, tivemos o agardado MERCADIÑO
DE LIBROS na escola, organizado pola BiblioRía.
Os postos
de "troco de libros por lecturas”
puxéronse á sombra do liquidambar e o plátano de sombra, dúas árbores do patio. A hora de
apertura estaba programada para as 12:30, así que en canto tocou o timbre, ao
remate do recreo, os nenos e nenas xa sabían que iamos cambiar a “hora de ler”
polo mercadiño.
Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono, e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíronse polo libro ou libros que querían levar.
Achegáronse aos postos cos seus “pases” na man, aínda que algúns esquecéreno na casa ou perdérono, e despois de botarlle unha ollada á mercancía decidíronse polo libro ou libros que querían levar.
O máis
fermoso foi ver o interese por escoller o libro ao seu gusto, a alegría, a
orde coa que o fixeron e, sobre todo, a
espontaneidade coa que cada quen, en grupo ou individualmente, se puxo
inmediatamente a ler sentado na herba polos recunchos do patio.
Foi unha
fermosa estampa para rematar o curso da biblioteca nesta soleada mañá de xuño!
Non vos perdades
as fotos. Falan por si soas!!!
Fonte das imaxes: http://biblioria.blogspot.com.es/ (Non dubidedes en visitar o blog)
Moi boa iniciativa. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario, Ana.
ResponderEliminarA verdade é que foi unha gran iniciativa e un gran traballo de todo o equipo de Biblioteca Escolar do noso centro.
Un bico