lunes, 23 de junio de 2014

A recta numérica do 0 ao 100 en educación infantil

Aínda que as clases acabaron o pasado venres, 20 de xuño, o noso blog non para e continúa a compartir con todos os nosos usuarios e usuarias diferentes recursos e actividades.
Hoxe, nos centramos no traballo coa recta numérica en educación infantil, un elemento moi importante a ter en conta e que presenta unha gran importancia dentro de traballo significativo cos números. 
A recta numérica serve para case todo: para contar progresiva e regresivamente, para o cálculo mental, para contar de forma salteada, para iniciarse nas operacións básicas, na medida,... 

A recta numérica é o soporte fundamental para que o alumno/a se afiance e progrese en cada un dos niveis de dominio da secuencia numérica. Se a percorremos cos dedos, aprendemos a separar adecuadamente cada un dos números, a comezar a contar dende o número que se nos pida ou dende o número elixido, a contar determinados números a partir dun concreto, a facelo en sentido progresivo ou regresivo ou, finalmente, a facelo de forma salteada.

As mestras de educación infantil elaboramos estes números para formar a nosa propia recta numérica na aula. Colocarémola baixo o encerado formando unha liña continua do 0 ao 100; pegarémola con velcro para facilitar o seu manexo por parte do alumnado.
Doutra banda, navegando pola rede tamén atopamos estes outros números do 0 ao 100 que poderedes colorear como queirades, recortar e formar a recta nas casas ou nas vosas aulas.
e con esta idea de traballar a recta numérica con pinzas e plastilina:

2 comentarios:

  1. Grazas polos recursos. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas por comentar, Ana!
    A recta numércia é moi útil na educación infantil.
    Bicos

    ResponderEliminar