viernes, 6 de junio de 2014

"Primavera", de Arcimboldo

Aquí vos presentamos unha obra de arte máis, feita polo noso alumnado e que segue a completar a serie das catro estacións elaborada polo artista Arcimboldo.
Se previamente xa vos amosamos o resultado do Outono:
e do Inverno:

 hoxe lle toca o turno á Primavera, un cadro cheo de flores e cores variadas que, igual que quixo facer o pintor, reflicte o espírito alegre, colorido e divertido da estación do ano na que estamos. 

Quedou chulo, verdade?

Estes días, xa estamos mans á obra co Verán. Moi atentos e atentas que, en breve, amosaremos o resultado neste blog.

2 comentarios:

  1. É unha preciosidade. Menudos artistas! Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana!
    A verdade é que están a quedar chulísimos e os nenos e nenas desfrutan moito completando cada un deles.
    Agora estamos inmersos no do verán e xa veredes que chulo vai quedar.
    Un saúdo e atentos/as ao noso blog onde poderedes descubrir a serie das catro estacións.
    Unha aperta forte.

    ResponderEliminar