Como ben sabedes, o curso está a piques de rematar e con el as nosas
aventuras con Juanita. Para
rematar esta experiencia, a semana pasada estivemos traballando co conto titulado "Tania la
araña"; para realizar esta actividade tomamos como elemento motivador os cadros
reseñados na guía orientativa do libro:
"Morro da favela", de Tarsila do Amaral (1924)
"El imperio de las luces", de René
Magritte (1954)
"¿Por qué estás
enfadada?", de Paul Gauguin (1896)
Unha vez visionadas as obras de arte os nenos e nenas expresaron que tipo de xente
pensaban eles que podían vivir en cada unha daquelas casas. Posteriormente, estivemos a
falar dos distintos tipos de casas onde podía vivir a xente.
Unha vez rematado o diálogo, fixemos unha
actividade escrita onde nenos e nenas colorearon e escribiron o nome de distintas vivendas.
Ata aquí chegou polo de agora a nosa
experiencia co Proxecto Noria "Jugar a
Pensar". O vindeiro curso seguiremos a coñecer máis amigos de Juanita.
Esperamos que a experiencia vos teña gustado a todos e todas.
Hai que ver cantas cousiñas aprenderon grazas a Juanita e os seus amigos. Un saúdo
ResponderEliminarMoitas grazas polo teu comentario, Ana!
ResponderEliminarRecomendamos moitísimo o traballo cos contos do Proxecto Noria para aprender a pensar. Juanita gústalles moito e está sendo unha personaxe moi importante nas nosas aulas.
Saúdos