Moitas veces na escola utilizamos uns tipos de letra "característicos" da idade escolar.
Dende educación infantil, recomendamos que o alumnado traballe con diferentes tipos de textos: os que podemos atopar en revistas, xornais, as diferentes fontes dos procesadores de textos (como Microsoft Word), etc.
Hoxe, compartimos con vós esta ligazón á páxina web de Actiludis onde poderedes descargar diferentes fontes escolares.
Aquí vai a ligazón:
Para instalar estas fontes no teu ordenador, tes que seguir os seguintes pasos:
1. Descargar as fontes da páxina que vos recomendamos (ou outras que vos gusten) e copialas (botón dereito do rato -> Copiar)
2. Ir a Mi PC
3. Premer dobre click en Disco Local (C:)
4. Atopar o cartafol "Windows" e abrir
5. Atopar o cartafol "Fonts" e ahí poderedes pegar as fontes, anteriormente copiados
Se tedes calqueira dúbida, nos poderedes deixar un comentario na entrada e os intentaremos axudar.
Graciñas polo enlace. Un saúdo.
ResponderEliminarDe nada, Ana. Un pracer.
ResponderEliminarBicos