Estes días de Samaín están a resultar todo un éxito nas aulas de educación infantil. Os nenos e nenas están moi motivados na realización de actividades relacionadas coa festa, así coma coa decoración con cabazas, etc.
O pasado luns, para comezar a semana do Samaín, o alumnado de 3, 4 e 5 anos levou para as súas casas unhas pantasmas tenebrosas para asustar a todo aquel que pasara ao seu carón!!!
Aquí podedes ver o resultado da actividade:
O alumnado de tres anos da escola decidiu poñerlle moita cor a este Samaín e decorar as pantasmas con cores variadas. Aquí tedes o resultado:
Por outra banda, os nenos e nenas de 4 e 5 anos decidiron deixar as pantasmas en branco e picar o contorno das mesmas.
Que gran traballo! Quedáronlles unhas pantasmiñas moi bonitas. Un saúdo.
ResponderEliminarGrazas Ana e pasa moi bo Samaín!
ResponderEliminar