Como ben vos contabamos na entrada publicada o pasado venres, os nenos e nenas de 3 anos coñecimos a historia de "El Oso Marronoso" e descubrimos ao seu protagonista: un oso de cor marrón con poderes máxicos e un pouco trasto.
O conto encantóunos e estivemos moi atentos/as, así coma participamos un montón cando tiñamos que axudar ao oso a dicir as palabras máxicas para facer os conxuros e mudar de cor.
Ao rematar a lectura do conto, cada alumno/a puido pintar coa cor marrón ao Oso Marronoso.
Estes días, estamos a traballar co conto e a utilizar diferentes técnicas e materiais para mudar de cor ao protagonista da historia.
Como xa o pintamos da súa cor orixinal, o marrón, estes días o transformamos nun oso azul, xa que foi a primeira cor na que mudou. Para pintar ao noso oso de azul, utilizamos a témpera e os pinceis e, pouco a pouco, cubrimos toda a imaxe desta cor; fixémolo fenomenal e os debuxos do osos amorronos convertido nun oso azul quedaron estupendos, non si???

No hay comentarios:
Publicar un comentario