Tal e como vos contabamos na seguinte entrada do blog:
os nenos e nenas de 4 anos estamos moi interesados nas landras, a partires da lectura do conto "Xaime e as landras".
Así, despois de recoller estas landras dos carballos da escola, recibimos a visita do mestre Bieito que viu a pasar unha xornada ao colexio para nos axudar na prantación das mesmas. Area, terra, auga,... foron algúns dos elementos necesarios para que todo saira moi ben.
Agora, soamente temos que ter paciencia, como Xaime, e agardar que medren sans e fortes as nosas árbores.
Moi atentos e atentas ao blog porque neste espazo vos comentaremos toda a evolución desta experiencia tan divertida.
Aquí vos deixamos coas imaxes da xornada que agradamos vos gusten.
No hay comentarios:
Publicar un comentario