Na aula de tres anos, estamos a traballar coa estación do OUTONO e, máis concretamente, coa caída das follas (pouco a pouco, incorporaremos outros aspectos da estación: as castañas, o Samaín, os froitos máis característicos,... ) Aquí vos deixamos co mural elaborado no corredor da clase onde os máis pequemos nos amosan que son todos uns artistas.
O primeiro que fixemos foi debuxar a árbore e, a continuacuón, pintar con témpera marrón por dentro da mesma.

Unha vez rematada, pintamos o ceo azul e pegamos ben o mural sobre a parede.
Na aula, estivemos a colorear coas cores do outono as diferentes follas nas que, posteriormente, a mestra pegou a imaxe de cada un de nós.
Así, estas follas son as que están a caer da árbore e as incorporamos ao debuxo do corredor para rematar este mural tan chulo.
Como non podía ser doutra forma, para rematar nos fixemos unha foto coa nosa obra de arte.
Agora, pouco a pouco, completaremos este mural con máis características da estación, así que moi atentos e atentas xa que, dende este blog, informaremos de todas as novas e actividades.

No hay comentarios:
Publicar un comentario