Os alumnos/as de cinco anos voltamos a recibir na aula a visita da nosa
amiga Juanita.
Se lembrades, durante o curso pasado xa estivemos a traballar cos contos de "La mariquita Juanita"; para lembrar as publicacións relacionadas con estas actividades, podedes premer na seguinte ligazón:
Nesta ocasión tivemos a oportunidade de coñecer a historia de "Luci, la luciérnaga".
Despois de escoitar o conto,
reflexionamos entre todos e todas sobre a pregunta que fai Juanita: "¿Hadas?, ¿Qué
son hadas?". Os nenos e nenas traballamos sobre esta cuestión e fomos explicando o que son para nós as fadas; cando xa tivemos máis ou menos clara unha explicación ou resposta, a
mestra nos invitou a pensar cal sería o traballo destas personaxes. Por último,
estivemos falando de como pensabamos
que serían as fadas fisicamente, que aspecto terían e como as debuxariamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario