martes, 7 de octubre de 2014

Os hábitos e as normas

Como ben sabedes, os nenos e nenas de 3 anos fai días que xa remataron o seu Período de Adaptación á escola. Os primeiros días que viñeron xuntos/as ao colexio, foi moi importante (e o segue a ser) o traballo sobre os hábitos e normas presentes na escola.
Así, pouco a pouco, e en días diferentes, estivemos a ver e traballar diferentes normas da aula e da escola para nos integran mellor na aula e nos espazos.

Un dos aspectos fundamentais na escola é a relación cos demais; así, despois de realizar xogos variados de coñecemento dos compañeiros/as, mestres/as,... foi moi importante o traballo dos hábitos: saudar e dar os Bos Días pola mañá, poñernos o noso mandilón e colgar as nosas cousas, rematar as tarefas, falar sen gritar,...
A aula foise enchendo de carteis alusivos a cada unha das normas traballadas e, pouco a pouco, dependendo do que esteamos a traballar na clase, poderemos engadir algunha nova, modificar algunha que xa fora traballada, etc.

 Na rede, podemos atopar moitas imaxes que nos poden axudar a decorar e traballar os hábitos e normas na aula: https://www.google.es/search?q=normas+infantil+dibujos&client=firefox-a&hs=K63&rls=org.mozilla:es-ES:official&channel=sb&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ei=3z0yVJixAoXXPbSmgOAN&ved=0CCsQsAQ&biw=1280&bih=864

http://rosafernandezsalamancainfantil.blogspot.com.es/2012/10/habitos-diarios-en-infantil-normas-y.html

http://www.escuelaenlanube.com/normas-y-habitos-en-el-aula-para-colorear/

http://miescueladivertida.blogspot.com.es/2011/09/imagenes-de-normas-para-ambientar-el.html

Se vos apetece traballar algunhas destas normas e hábitos no Encerado Dixital Interactivo, poderedes descargar unha actividade relacionada con elas dende a nosa wiki onde as almacenamos:
http://edi-riadevigo.wikispaces.com/Normas+e+H%C3%A1bitos

Que pasedes un bo martes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario