Facendo alusión ao proxecto deste ano, "Lendo con Arte", os nenos e nenas de educación infantil se disfrazaron con motivos alusivos ao tema e, máis concretamente, aos cadros e o pintor que traballan máis a fondo, Van Gogh.
Así, o alumnado de 4º de educación infantil, 3 anos, fixo o seu particular homenaxe ao cadro "La noche estrellada" e foi vestido da seguinte forma:
Os nenos e nenas de 5º de educación infantil, 4 anos, quixeron facer unha homenaxe ao pintor e se disfrazaron da seguinte forma.


Por último, o alumnado de 6º de educación infantil, 5 anos, quixo converterse nun "Jarrón con doce girasoles". Non eran doce, senón 25 e parecía que xa chegara a primavera.

Coma sempre, dende as aulas de educación infantil, lles damos as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración.
Aquí vos deixamos tamén co Testamento e o Xuízo do Meco deste ano.
Xa podedes ver as imaxes das celebracións de Entroido destes día grazas ao ANPA da escola.
Aquí vos deixamos tamén co Testamento e o Xuízo do Meco deste ano.
O
MARCO BALEIRO
Que tristura
dá o feito
de ver un marco sen
cadro… un marco sen
vida.
Que tristura
dá o feito
de saber que existen
cantidade e cantidade
de obras de
arte esquecidas en
almacéns ou lugares
onde non poden
ser visitadas por ninguén.
Neste entroido
queremos dar luz
a esas obras entronizando como
Meco a este
marco baleiro. Un Meco que
sirva de escaparate
e complemento ás
obras de arte traballadas
no colexio a
través do proxecto
“LENDO
CON ARTE”.
Testamento do Meco
Estou temeroso, non sei que facer,
Xa
que, espido me atopo e non hai nada que ver.
A pesares do vacio que demostro, falto de
decoración
Agardo que me dedes, como en ocasións
pasadas, a absolución.
Tendo en conta o pouco tempo que queda,
deixo testemuña para quen ler queira.
Mandeivos choivas, fríos e ventos fóra de
toda lóxica
Para por data á proxima celebración da PAZ,
mercade unha estación metereolóxica.
A quen se lle conte… isto non é normal!
Menuda machada co asunto do carnaval!
Celebran máis tarde a paz do 30 de xaneiro,
e antes de nada, o entroido do mes de
febreiro
Deixoume abraiado a BiblioRía, o seu proxecto
“Lendo con arte”
Dos seus traballos pronto acabaras por
namorarte.
Para vós pinturas de todos os estilos,
Si queredes algunha máis so tedes que dicilo.
Hainas do renacemento, do barroco, do vangardismo
Mesmo algunhas representativas do cubismo.
Podédesme decorar coa vosa sinatura,
A mellor compaña para calquera pintura.
Que ro salvarme da fogueira,
préstome para servir de marco para un debuxo
calqueira.
Ou pensando mellor, tedes polos corredores do
cole reproduccións excelentes,
Si os presentades na miña compaña poden
quedar ben relucentes.
Agora que me vexo acorralada por todos vós
parece que me chega o final,
Estando tan triste como estou, xa me vexo
diante dun tribunal.
Seredes capaces de queimarme pero… atención!
Tras de min quedarán orfos óleos,
acuarelas… Que decepción!!
Xuízo do
Meco
Unha vez escoitado o testamento
con moita atención,
nós, alumnado e profesorado do
colexio, chegamos á seguinte conclusión:
A simple vista custa moito pensar
que a partir de todo o dito,
finalmente o poidamos perdoar.
Certo é que nunca a ninguén fixo
mal,
Máis ben o contrario. Que
enriqueza coa súa presenza a un cadro é o máis normal.
O de prestarse a que escribades
sobre el e un sinal de achegamento,
Despois diso, queimalo sería un
atrevemento.
Temos no cole moitas pinturas por
enmarcar,
por iso e polo demais, pensemos
que o imos ter que indultar.
Nese caso, polo que queda de
curso,
cada semana mostrará unha pintura
como se fose un concurso.
Postos a pensar con obxectividade,
Non vemos neste marco sinal algún
de culpabilidade.
O meco representado neste marco,
merece sen dúbida algunha a absolución.
Aquí vos deixamos a ligazón:
Durante estes días, estaremos de VACACIÓNS DE ENTROIDO, polo que
non haberá clases ata o vindeiro xoves, 6 de marzo. Recomendámosvos que xoguedes coas actividades propostas para o Entroido (poderedes atopar unha morea delas premendo na imaxe do antiface, situado na barra dereita superior deste blog)