lunes, 24 de febrero de 2014

"La Bruja Colorea". As pocións máxicas.

No mes de decembro, publicabamos neste blog unha listaxe dos libros que Gaspar recomendaba agasallar polo Nadal (para lembrar a noticia podes premer na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2013/12/lecturas-recomendadas-polo-nadal.html)

Os nenos e nenas de 5 anos estamos a ler o noso conto: "La Bruja Colorea".
La Bruja Colorea Madroñero Ferreiro Esther
Ficha
                     

-Autor: Madroñero Ferreiro Esther
-Ilustrador: Madroñero Ferreiro Esther
-Editorial: Editorial Everest
-Idioma: Español
-ISBN: 978-84-441-4293-7
-Coleción: Leer es vivir
-Idade: De 3 a 6 anos
-Nº páxinas: 36
-Encuadernación: Rústica
-Formato: 19 x 21 cm.
 
Sinopse
La Bruja Colorea ten un gato negro, pero con conxuros de cores e unha brocha de visión mudará a súa cor. Como o pintarías ti?
O primeiro que fixemos foi descobrir a CUBERTA do libro; para iso, fixemos un gran círculo no chan da aula e realizamos un diálogo sobre o que podiamos ver e sobre o que nos imaxinabamos. Así, despois de pensar quen sería a protagonista principal, a que se podería adicar, que lle gustaría facer, etc. chegamos á conclusión (lendo as primeiras páxinas da historia) que esta bruxa era unha fanática das cores e, cansada da cor negra do seu gato, decidiu atopar outras cores para cambialo.
Antes de continuar a lectura, fixemos o noso tradicional "Que sabemos?", para coñecer se sabiamos dalgunhas "pocións máxicas" que cambiaran as cores por outras diferentes.
Anotamos as que sabiamos no encerado da aula e, a continuación, estivemos a probar se resultaban certas ou non. Se funcionaban, as deixabamos escritas na listaxe do encerado; se non resultaban, borrabamos o escrito.
Con todos os resultados, elaboramos unha listaxe das primeiras pocións máxicas resultantes e a colgamos no corcho da aula; agora, grazas a este libro, descobriremos máis e as engadiremos á folla coas demais.
Non vos perdades as nosas entradas do blog se queredes saber un poquiño máis e elaborar o voso propio "Libro de pócimas" .

2 comentarios:

  1. O libro tenme moi boa pinta. Encántanme as vosas pocións :)

    ResponderEliminar
  2. Grazas por comentar!!! E, se che gusta o libro, xa sabes, a poñelo en práctica!!!
    Saúdos

    ResponderEliminar