martes, 11 de febrero de 2014

Cóntame un cadro

Dentro do proxecto "Lendo con arte", promovemos a participación das familias coa actividade "CÓNTAME UN CADRO"
A actividade consiste en selecionar unha serie de láminas de obras de arte, que enviamos ás casas, para que entre toda a familia poidan imaxinar unha historia real ou fantástica, que teña por escenario ese cadro e que o desenvolvan en forma de conto nunha ficha enmarcada que lle enviamos para tal fin.
Fai dúas semanas, botaron a andar 5 láminas en cada aula  para as familias e, como podedes comprobar nas fotos, os resultados son moi bós.

Seguiremos manténdovos informados!!
Gracias pola vosa colaboración!!!

2 comentarios:

  1. Da gusto contar coa colaboración das familias. Seguro que fixeron un gran traballo. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Grazas por comentar, Ana.
    Están comezando a chegar as primeiras historias e son unha marabilla!
    Bicos

    ResponderEliminar