Unha semana máis, voltamos ter a nosa sesión coa xoaniña ”Juanita” na aula de
catro anos, e seguimos a traballar habilidades e novas experiencias co conto
"Los peces rojos del lago".
Iniciamos a sesión coa lectura do conto.
Posteriormente, pedimos aos nenos/as que
observasen unha margarida; cada un tiña que contar o que sabía desa pranta e logo
describir como era unha margarida. Ademais, a mestra aportou información e os invitou a observar e así poder establecer relacións de semellanzas
e diferenzas.
No encerado veleda fixemos o debuxo dunha margarida para pasar, posteriormente, ao traballo
persoal na ficha onde cada alumno/a tiña que debuxar o reflexo das margaridas que a xoaniña "Juanita" víu no lago.
Así rematou unha semana máis a nosa sesión con Juanita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario