O alumnado de educación infantil da escola segue a traballar cos contos da xoaniña Juanita.
Despois de coñecer á protagonista, aos peixes vermellos do lado, a Maripepa,... e un sinfín de situacións que estas personaxes e a súa protagonista viven nas diferentes historias do libro, chegou o turno de descobrir a Guillermo, o grillo saltarín.
Narramos o conto e fixemos unha representación do mesmo; na nosa aula contamos cun neno que se chama igual que o grillo, Guillermo, e él máis a mestra (que facía de Juanita) levaron a cabo a representación da historia.
Guillermo e Juanita xogaban xuntos e decidían a que xogo lles apetecía xogar; tiñan en conta a opinión do outro e chegaban a acordos mútuos. E nós?, Facemos o mesmo que fan eles á hora de xogar? Chegamos a acordos? Resolvemos os problemas falando? Ou a berros?,... estas son algunhas das reflexíóns que levamos a cabo despois da lectura.
E, para traballar co aspecto do xogo, que mellor xeito de facelo que a partires da arte. Diante da porta da BiblioRía está colgado o cadro "Juego de niños", de Pieter Brueghel, obra de arte moi apropiada para traballar esta dinámica e reflexión.
O alumnado puido baixar ao corredor onde está colgado e, grupo a grupo, observar aos nenos e nenas alí debuxados, os xogos cos que se están a xogar,...
Na aula, realizamos unha actividade que foi todo un éxito. A mestra amosóunos tres imaxes (ou anacos) diferentes que están presentes no cadro e nós, coa axuda da nosa imaxinación, tivemos que completar o debuxo.
Entre todos e todas estivemos a mirar cada un deles, pensando e reflexionando "en alto" o que podiamos debuxar, diferentes suxerencias. A continuación, chegou a quenda individual de cada un, xa que na nosa folla de rexistro tivemos que completar o debuxo e aquí tedes unha mostra do ben que o fixemos.
Esta actividade poderédela facer con outros anacos de cadros e traballar do mesmo xeito cos vosos alumnos/as, fillos/as,... Moitas veces, os adultos non miramos moito "máis alá" das imaxes, pero os nenos e nenas nos sorprenden coa súa visión da arte e das imaxes.
Recomendamos facer este tipo de actividades na aula xa que resultan todo un éxito!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario