viernes, 14 de febrero de 2014

Feliz Día de San Valentín

Como ben anunciabamos na entrada desta mañá, hoxe pole tarde publicariamos unha noticia moi amorosa.
Pois sí! Esta semana, nas aulas de educación infantil estivemos a traballar nunha sorpresa moi especial para todas as familias neste día... porque non só temos que divertirnos os que temos mozo, moza, parella,... o Día de San Valentín é o Día do Amor e nós estamos cheos de amor de moita xente (pais, nais, tíos, curmáns,...) e, por iso, o festexamos con todos e todas os que no rodean.
 
O luns, xa vos deixabamos unha morea de recursos no blog que podiades aproveitar para celebrar e agasallar aos máis queridos por estas datas (para lembrar a noticia, podes premer na seguinte ligazón: http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/02/recursos-e-ideas-para-san-valentin.html) e xa deixabamos descobrir a sorpresa que comezariamos a preparar para agasallar nas casas.
Aquí podedes ver o resultado. O alumnado de educación infantil traballou moi intensamente para facer destes caracois unha sorpresa chea de cores e con moito amor.
 Por outra banda, os nenos e nenas de 4 anos aproveitaron un dos recursos publicados e fixeron este crecabezas tan chulo do oso amoroso.
Agardamos que pasedes un bo Día de San Valentín e aquí vos esperamos o luns con máis novas sobre as nosas andanzas.


2 comentarios:

  1. Quedáronlles uns traballiños moi bonitiños. Seguro que ás familias encantaralles. Unha aperta e moi feliz día da amizade!

    ResponderEliminar
  2. Grazas Ana!
    Os agasallos quedaron preciosos e os fixeron con moito amor. Aproveitade as ideas que queirades que funcionan moi ben na aula.
    Mañá, publicaremos unha actividade de matemáticas dixital.
    Saúdos

    ResponderEliminar