lunes, 17 de febrero de 2014

Actividade EDI: Os números anterior e posterior. Do 1 ao 9.

Hoxe, vos presentamos esta nova actividade para xogar co Encerado Dixital Interactivo e, nesta ocasión, xogaremos cos números do 1 ao 9 e co "posto" que ocupan na serie numérica.
A partires das diferentes fichas da actividade, completaremos a serie de números animados colocando, no círculo correspondente, o número(s) que ten que ocupar ese lugar.
Os adultos ou os outros nenos/as da aula serán os encargados/as de dicir se está ben feita a serie de números ou non.

Ligazón para acceder á actividade: http://edi-riadevigo.wikispaces.com/numeros Tamén o podes facer premendo na imaxe de abaixo.
http://edi-riadevigo.wikispaces.com/numeros
Se non tedes este software, non vos preocupedes; poderedes imprimir estas imáxenes e facer a actividade con frechas, ou recortando os números e colocándoos no círculo que lle corresponda. 

Para calqueira dúbida, poderedes deixarnos un comentario nesta entrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario