Na aula de 5 anos, continuamos a traballar co noso conto "La Bruja Colorea". Se nun principio, estivemos a imaxinar e dialogar sobre o que podiamos ver no exterior do libro, posteriormente traballamos un pouco máis a fondo coa cuberta. Así, cada un co seu libro, investigou os datos que alí aparecían.
A mestra axudou a cada unha das mesas a atopar os datos máis importantes presentes na maioría das cubertas dun libro: AUTOR, TÍTULO e EDITORIAL.
Os compañeiros e compañeiras das mesas se axudaron uns aos outros a atopar a información no libro real e, pouco a pouco, fomos facendo a actividade proposta e recollendo todo unha folla de rexistro individual.
Moi atentos e atentas ao blog que volo contaremos todo paso a paso.
Na folla tiñan que atopar o título, rodear e colorear de vermello; despois atopar a autora, rodear e colorear de azul; por último, atopar o nome da editorial, rodear e colorear de amarelo.
Posteriormente, escribir os datos na parte de abaixo da folla. Uns aos aoutros se fóronse axudando e dicían as letras que tiñan que escribir para formar as diferentes palabras.
Mestres a mestra pasaba por cada unha das mesas para realizar a actividade, o resto do alumnado da aula continuaba a traballar co seu libro e a actividade a realizar era a seguinte: tiñan que fixarse moi ben na cuberta do libro e colorear a bruxa da súa folla de rexistro do mesmo xeito que estaba pintada no conto.
Aquí os tedes moi concentrados para non se confundir.
O libro gústalles moito e as actividades resultan todo un éxito nas aulas. Agora, despois de descobrir a cuberta, avanzaremos na historia e, cada un de nós, poderá poñerse mans á obra co seu "Libro de pócimas máxicas".Moi atentos e atentas ao blog que volo contaremos todo paso a paso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario