A semana pasada, vivenciamos
con Juanita unha nova experiencia, pois tras coñecer unha nova amiga, "Maripepa, la Mariposa", tentamos
conducir un diálogo no que os nenos e nenas tiñan que se poñer no lugar da bolboreta. Para
isto, utilizamos preguntas como: Se foses unha bolboreta, serías quen de aguantar no casulo tanto tempo? Por
que?
A continuación, visionamos un vídeo onde se explicaba a metamorfose
dunha bolboreta e falamos ampliamente deste proceso.
Unha vez rematada a parte oral, cada neno/a tivo que colorear as catro fases do proceso,
picar e pegar seguindo unha serie secuenciada en base o que xa tiñamos
visto no vídeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario