Segunda entrada que publicamos hoxe; nesta ocasión para vos falar dunha conmemoración que tivo lugar na BiblioRía da escola.
Como cada curso, coa chegada do 21 de marzo, celebramos que xa é primavera, pero tamén outra conmemoración moi importante: o DÍA DA POESÍA.
Como cada curso, coa chegada do 21 de marzo, celebramos que xa é primavera, pero tamén outra conmemoración moi importante: o DÍA DA POESÍA.
A nosa BiblioRía é o lugar escollido para nos xuntar por cursos ou ciclos e recitar as nosas poesías; este curso, con motivo do proxecto de centro "Lendo con arte", decidimos facer poesías inventadas e alusivas aos diferentes cadros que traballamos nas aulas.
O alumnado de 6º de primaria foi o encargado de facer as presentacións.
A continuación fomos recitando as poesías preparadas sobre os cadros. Os primeiros en comezar foron os nenos e nenas de 3 anos, coa súa poesía sobre "A noite estrelada", de Van Gogh.
A NOITE ESTRELADA
Noite escura e silenciosa,
noite que non durmín nada.
Asomeime a miña fiestra
e vin a noite estrelada.
O ceo de azul escuro,
as estrelas salpicadas,
todas cheíñas de cores,
sobre todo de cor branca.
A lúa preside o ceo,
toda enchida de laranxa.
O pobo está silencioso,
alá ao lonxe, na montaña,
o vento sopra suave,
nin sequera o can ladraba.
Posteriormente, chegou o turno do alumnado de 4 anos coa súa poesía sobre "A habitación de Arlès", de Van Gogh.
A HABITACIÓN DE ARLÈS
Colgado dunha parede,
vin un cadro dun cuartiño,
non sei se será dun neno,
dun mozo ou dun velliño.
Tiña as paredes azuis,
na cama colcha amarela,
tiña, ademais, días cadeiras
e mesiña de madeira.
Era un cuarto pequerrecho
o que nese cadro vin!
Pregúntome cada noite:
Quen irá durmir alí?
Finalizada a quenda dos de 4 anos, lle tocaba o turno aos nenos e nenas de 5 anos, coa súa poesía sobre "Os xirasoles", de Van Gogh.
OS XIRASOLES
Un, dous tres,
catro, cinco, seis,
que cadro máis fermoso
o que alí atopei!
Tan cheo de flores,
conto que son doce,
de cor amarelo
con verdes e ocres.
Non son margaridas,
nin lirios, nin rosas,
son flores moi grandes,
son flores fermosas.
De pétalos amarelos
e co corazón marrón
cheíños de pipas
chaman a atención!
Dentro dun floreiro,
doce xirasoles son!
Cando o alumnado de educación infantil rematou de recitar as súas poesías, chegou o turno do alumnado de 1º ciclo de educación primaria, que compartiu a sesión con nós.
Así, escoitamos aos nenos de 1º e 2º de primaria recitar poesías diversas inspiradas no cadro "As Meninas", de Velázquez.
Coma sempre, foi unha xornada moi amena e divertida que culminou cun agasallo de Gaspar para todos os participantes en forma de marcapáxinas para cada un.

Para máis información sobre este día, poderedes visitar o blog da BiblioRía: www.biblioria.blogspot.com
Un gran xeito de celebrar o Día da Poesía. Boa finde!
ResponderEliminarMoitas grazas por comentar, Ana!
ResponderEliminarO alumnado desfruta moito con esta celebración, preparando os días previos a súa poesía. Grazas a nosa mestra Ángeles (cunha gran imaxinación) puidemos crear estas fabulosas poesías sobre Van Gogh.
Saúdos