A semana pasada, na aula de 5 anos, recibimos a visita de Elsa e realizamos actividades de igualdade.
Elsa, as mestra Paula e Alba, e todos os nenos e nenas de 5 anos, formamos un gran círculo no chan da aula e, pouco a pouco, fomos facendo as presentacións para coñecernos un pouco máis e así Elsa puidera saber os nosos nomes.
Posteriormente, nos propuxo un xogo moi divertido relacionado cos xoguetes. Cada un de nós recibíu un anaco de cartón coa imaxe dun xoguete. Tivémolo que mirar moi ben e analizar.
Se pensabamos que era un xoguete de nena colocabámolo nunha columna; se pensabamos que era de neno, noutra columna e, se pensabamos que poderían xogar con el nenos e nenas, pois o mantiñamos nas nosas mans.
Coa axuda de Elsa, fomos elaborando as dúas columnas e, posteriormente, analizamos cada un dos xoguetes e a razón de poñelo nunha columna e noutra.
A medida que iamos avanzando na análise, nos dimos conta que non era certo que ese xoguete alí colocado soamente fose para nenos ou nenas, senón que con el poderían xogar tanto os chicos como as chicas. Entón... haberá xoguetes de nenos e de nenas? Todos podemos xogar cos mesmos xoguetes?
Pouco a pouco, as dúas columnas se foron desfacendo para facer soamente unha con todos os xoguetes.
Tamén puidemos coñecer a Luis e Luisa, dous amiguiños de Elsa que nos ensinaron cales eran os seus xoguetes favoritos.
Grazas a esta actividade, puidemos descobrir que nenos e nenas poden xogar ás mesmas cousas, que non hai cores de nenos e cores de nenas, ...
Unha actividade moi divertida que gustou moito a nenos, nenas e mestras. agardamos que Elsa veña en outra ocasión e continuar a realizar actividades de igualdade con ela.
Ata a próxima!
Hoxe pola tarde, poderedes desfrutar doutra entrada neste blog onde os amosaremos en imaxes como foi a Semana da Prensa. Estade moi atentos e atentas.
Que boísima idea para traballar a igualdade!!!!! Seguro que lles quedou moi clariño. Que teñades unha boa semana :)
ResponderEliminarGrazas por comentar, Ana.
ResponderEliminarA verdade é que estas actividades de "Camiña con nós pola igualdade" son todo un éxito entre o alumnado e nos ofrecen moitas ideas ao profesorado.
Máis adiante, voltaremos a ter noticias de Elsa no blog xa que retomará as actividades na aula, nesta ocasión sobre as tarefas do fogar.
Saúdos.