lunes, 10 de marzo de 2014

Recursos para traballar a Semana da Prensa

Como cada ano, durante toda unha semana de marzo (nesta ocasión, dende o 10 ata o 15) celebramos na escola a SEMANA DA PRENSA.
Esta conmemoración é festexada na maioría de centros escolares polo que, dende este blog, queremos facilitar a busca de recursos; así, compartimos con todos e todas estes recursos por se os resultan do voso interese.

Para comezar, aquí vos amosamos un vídeo onde poderemos descobrir cales son os medios de comunicación. En moitas ocasións, o alumnado pensa que soamente son os xornais, pero tamén temos a radio, a televisión, as revistas,...

Doutra banda, aquí vos deixamos imaxes variadas que vos poden axudar a deseñar diferentes actividades para as vosas aulas.

Por outro lado, aquí compartimos con todos e todas estas imaxes dalgunhas seccións dun xornal.

Por último, aquí van algunhas ligazóns de interese:





No hay comentarios:

Publicar un comentario