Na aula de 4 anos, continuamos a traballar co conto "La mariquita Juanita" e a descobrir diferentes experiencias con ela. Nesta ocasión, coñecemos a un novo amigo de Juanita: "Guillermo, el grillo saltarín".
Coma sempre, o primeiro que facemos e ler a historia para, a continuación, realizar unha dramatización da mesma. O alumnado aproveitou a escena
onde Juanita tenta desprazarse saltando
como o seu amigo Guillermo para facer a vivencia deste anaco da historia. Todo isto nos axuda para levar a cabo un diálogo conxunto sobre a actitude de Guillermo e Juanita
que, aínda que caen ao chan, deciden reir e xogar, non deciden chorar. Organizamos un diálogo sobre esta actitude e a comparamos co comportamento que nós temos ante
situacións similares no parque, no patio, etc.
Unha vez rematada a parte
oral, realizamos unha folla de actividades onde localizamos aos personaxes da historia, escribimos os seus nomes e os coloreamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario