Nas aulas de 4 e 5 anos, descobrimos unha nova técnica pictórica: o puntillismo.
Da man deste conto: "Carlota y los bañistas", puidemos recorrer unha morea de cadros elaborados con esta técnica pictórica, coñecer a dous pintores significativos como Seurat e Signac e converternos en pintores puntillistas durante unha xornada.
Resumo do conto: A última aventura de Carlota nos invita a coñecer a cinco famosas pinturas da escola puntillista nas que se aprecian escenas da vida xunto ao agua. Un caluroso día de verán, Carlota e a súa avoa buscan unha piscina para refrescarse e ao non atopar sitio deciden entrar ao museo. Carlota prov
Como ben explica este resumo, a través das páxinas do conto descobrimos cadros coma os seguintes:
Posteriormente, nos convertemos en pintores puntillistas e o fixemos facendo ou completando o debuxo dun arco da vella. Na aula de 5 anos, primeiro, fixemos unha folla de referencia anotando a orde das cores e a súa posición.
A continuación, os nenos e nenas da aula fixeron o seu propio arco da vella seguindo as indicacións marcadas e aquí tedes o resultado.
Quedaron chulos, verdade?
Na aula de 4 anos, tamén fixeron o seu arco da vella coa mesma técnica e lles quedou igual de chulo.
Quedoulles fabuloso. Moi bo traballo! Unha aperta.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana!
ResponderEliminarEste proxecto coa arte está a resultar unha experiencia moi positiva e enriquecedora para os nenos, nenas e mestras de infantil, así como para todo o cole, que tamén o está a traballar.
Agora, subiremos as imaxes dos nenos e nenas de 4 anos que nos acaban de chegar para engadir a entrada de hoxe. Agora mesmo actualizamos.
Saúdos.