Na aula de catro anos, levamos uns días traballando co noso
conto "Vamos a mirar colores", agasallado polas familias polo Nadal, por recomendación de Gaspar, a nosa mascota da BiblioRía.
Nunha primeira actividade estivemos a investigar sobre a cuberta do libro e, posteriormente, elaboramos a nosa propia portada.
En sesións posteriores, estivemos traballando sobre a primeira das cores que aparece no conto: a cor vermella. A primeira actividade consistiú en buscar diferentes obxectos desta cor e contar cantos atopabamos. Noutra sesión completamos e coloreamos unha poesía sobre a cor vermella e, por último, estivemos escribindo e coloreando distintas froitas desta cor.
En próximas sesións traballaremos con outras cores e seguiremos compartindo con todos e todas vós as nosas actividades.
Moi bo traballo. Grazas por compartilo. Unha aperta.
ResponderEliminarGrazas por comentar, Ana.
ResponderEliminarOs dous contos escollidos ("Vamos a mirar colores" e "La Bruja Colorea") son moi aceptados polo alumnado. A través deles, podemos seguir profundizando no tema da arte, das cores, das mezclas,...
Cando estean rematados os libros de actividades, subiremos o resultado ao blog para o compartir con todos e todas e, por se estades interesados, poidades facer o mesmo nas vosas aulas.
Bicos.