Como ben sabedes, o pasado sábado, 8 de marzo, conmemoróuse o Día da muller traballadora.
Na aula de catro anos, quixeron conmemorar esta data, traballando e afondando na vida e obra dunha pintora galega, nacida en Viveiro (Lugo), coñecida artisticamente co nome de
MARUJA MALLO.
Con toda a información recollida e selecionada, fixeron un mural para expoñer nos corredores da escola e, así, compartir a información co resto dos compañeiros e compañeiras do colexio.
Posteriormente, realizaron a reprodución dunha das súas obras, titulada "El salto". Cada neno/a realizou a súa propia obra e a levou para a súa casa, co fin de compartila coa súa familia.
Para lembrar outras celebracións deste día da muller, podedes premer na seguinte ligazón:
Un gran traballo, profes. Unha aperta.
ResponderEliminarMoitas grazas, Ana, polo teu comentario.
ResponderEliminarSaúdos