martes, 25 de marzo de 2014

Prantamos xirasoles

Ultimamente, a "cousa" vai de prantar. Se onte, vos comentabamos como fora a nosa excursión ao Parque Forestal de San Miguel, hoxe vos amosamos as imaxes da prantación de xirasoles que fixemos no horto escolar e nos xardíns do colexio.
Nas aulas de educación infantil, estamos a traballar coa figura de Van Gogh. Un dos seus cadros máis famosos (que están a traballar máis a fondo os nenos e nenas de 5 anos) é "Os xirasoles" e, por iso, decidimos prantar xirasoles para ver como medran na nosa escola e, tamén, facerlle unha pequena homenaxe a este importante pintor.
Aquí vos deixamos cunha presentación de imaxes. Se queredes acceder ás mesmas para as descargar, poderedes facelo na ligazón que aparece debaixo.

2 comentarios:

  1. Que boísimo traballo! Vese que estades moi concieciados coa conservación do medio ambiente :) Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polo teu comentario, Ana.
    Xa levamos facendo un tempo tanto este tipo de prantacións escolares, como no Parque Forestal de San Miguel e sempre son éxito asegurado.
    O alumnado desfruta moitísimo así coma o profesorado, ao mesmo tempo que levamos a cabo unha labor de repoboación do monte importante.
    Saúdos.

    ResponderEliminar