Se lembrades, a finais do mes de outubro, publicabamos no blog unha entrada onde explicabamos como traballar as matemáticas e os números co alumnado de forma sinxela e significativa para eles. Se queredes lembrar a publicación dese día soamente tedes que premer na seguinte ligazón:
Unha forma amena de traballar os números era a partires das tallas de zapato que tiñan cada un deles. Así, miramos cada calzado que traian ese día e anotamos cal era a súa talla; posteriormente, fixemos un gráfico e completamos unhas fichas.
Agora, vos amosamos esta actividade para xogar en papel ou co Encerado Dixital Interactivo (EDI). Cada un dos nenos e nenas da aula aparece reflexado coa súa foto e, ao premer enriba da imaxe, escoitamos o que está escrito no "bocadillo" (na aula, estivemos xogando a recoller o son, a falar e dicir o que aparecía no "bocadillo. Pasámolo moi ben).
O alumnado ten que ser capaz de adiviñar ou atopar o número ao que se refire entre os que aparecen na folla. Se o acertan, escoitarán "Moi ben, acertaches" e, se non é así, escoitarán "Non, non, inténtao de novo".
Unha actividade sinxela e moi divertida que facilita a adquisición dos números.
Se non tedes o software para traballar co programa do EDI non vos preocupedes, aquí vos deixamos as imaxes para que poidades xogar a través do blog ou as imprimir e xogar en papel.
Poderedes descargar esta actividade se premedes na seguinte ligazón:
Por outra banda, aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades como podemos escoitar as voces dos nenos e nenas e as correcciones.
Que boa actividade! Gústame. Boa finde!
ResponderEliminarMoitas grazas Ana!
ResponderEliminarO mellor da actividade é xogar co alumnado e que se escoiten, que lles fa moita gracia. É unha forma amena e sinxela de traballar os números.
Saúdos