A semana pasada,os nenos e nenas de 5 anos recibimos unha sorpresa de Gaspar: unha maleta que chegou á nosa aula con moitas sorpresas.
A continuación, cada un de nós, fixo o seu propio debuxo nunha folla.
Pouco a pouco, comezaremos a investigar sobre os museos e agardamos descobrir as respostas das preguntas plantexadas. Coma sempre, a colaboración das familias é fundamental e, por iso, enviamos ás casas a nota seguinte para que nos axuden coa nosa investigación.
No interior da maleta, atopamos a Gaspar que nos trouxo novas sobre o proxecto de centro que estamos comezando a desenvolver e a investigar na escola: Lendo con arte.
Así, iniciamos o descubrimento do agasallo dando lectura á nova carta escrita polo noso golfiño. A carta era a seguinte:
Ese gran edificio do que Gaspar nos falaba na primeira carta do curso era O MUSEO.
Decidimos comezar a investigar sobre esta edificación tan importante e anotamos no encerado o que sabiamos e o queriamos saber.
Este foi o resultado:
QUERIDOS
AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS de 6º DE INFANTIL!
Estou
seguro de que neste intre xa fostes quen de descubrir onde fun parar cando me
perdín por aquel labirinto de canales. Pois sí, aquela casa tan grande chea de
cadros pendurados das paredes era un MUSEO.
Tamén
estou seguro de que xa sabedes en que cidade me atopaba, jaja. Que listos
sodes!
Que
cadros tan fermosos hai nos museos! Aínda que todos son tan diferentes... uns cheos de cores, outros escuros, uns cheos de persoas e outros de flores, tamén
os hai con figuras xeométricas, raias,... uf, que variedade!
Por que
será iso?
E a
vos, cal vos gustaría máis?
En
canto cheguei á BiblioRía púxenme a revisar os andeis, e no do número 7, no que
os libros teñen a etiqueta de cor ROSA, descubrín unha chea de libros que teñen
fotos de cadros que vin naquel lugar e outros moitos que non estaban alí. Tamén
encontrei libros que falan de persoas que fan eses cadros. Foi todo un
descubrimento, e sen saír da biblioteca!
Tamén
prendín o ordenador, conecteime a internet e preguntei ao señor Google. Uf, aí
si que atopei cousas tamén!
Estou
fascinado con este achado! Por iso pensei compartilo con vos. Estou seguro de
que tamén vos gustará mergullarvos neste MUNDO DA ARTE tan cheo de cores.
Estades
dispostos para unha nova aventura?
Pois
non se fale máis e mans á obra!
Para
comezar, non vos gustaría visitar un MUSEO ou unha EXPOSICIÓN de pintura?
Pois
non vos preocupedes, que xa me encarguei eu de concertarvos unha visita a unha
EXPOSICIÓN DE PINTURA DE RUIBAL, que está aquí, en Vigo, para que vexades que
tamén hai cousas marabillosas tan pretiño de nos.
Por
outra banda vos propoño que miredes ben o contido da maleta. Aí hai un libro
que seleccionei especialmente para vos: “VINCENT VAN GOGH Y LOS COLORES DEL
VIENTO”, penso que vos vai interesar para coñecer máis a fondo ese pintor e a
súa obra.
Ese gran edificio do que Gaspar nos falaba na primeira carta do curso era O MUSEO.
Decidimos comezar a investigar sobre esta edificación tan importante e anotamos no encerado o que sabiamos e o queriamos saber.
Este foi o resultado:
QUE SABEMOS?
- Os museos son grandes.
- Os museos teñen grandes fiestras.
- No interior dos museos hai escaleiras.
- Os museos teñen unha gran porta para poder entrar.
- Os museos están formados por moitos pisos.
- Nos museos hai cadros de diferentes pintores.
QUE QUEREMOS SABER?
- Nos museos hai un xefe?
- Que persoas traballan nos museos?
- Cantos museos hai en Vigo?
- Os pintores pintan os cadros no interior do museo ou noutro lugar?
- Necesitamos unha entrada para acceder?
- Como adiviñamos os datos do cadro?
A continuación, fixemos dous debuxos no encerado e fomos engadindo o que nos pensabamos que tería un museo. Así, os fixemos grandes, con fiestras, unha gran porta para entrar, escaleiras e tamén elevadores (para a xente que vai en cadeira de rodas), antenas, o letreiro que especifica que ese edificio é un museo, un letreiro de gratis para saber que a entrada é de balde,...
Así quedaron os debuxos.
A continuación, cada un de nós, fixo o seu propio debuxo nunha folla.
Pouco a pouco, comezaremos a investigar sobre os museos e agardamos descobrir as respostas das preguntas plantexadas. Coma sempre, a colaboración das familias é fundamental e, por iso, enviamos ás casas a nota seguinte para que nos axuden coa nosa investigación.
Os nenos e nenas de 4 anos, tamén traballan moi intensamente sobre este tema e, igual que nós, recibiron a maleta sorpresa e fixeron a súa lista sobre o que saben e o que queren saber.
No hay comentarios:
Publicar un comentario