Na aula de 4 anos recibimos unha maleta misteriosa.
Cando a abrimos, atopamos no seu interior unha carta de Gaspar invitándonos a traballar sobre os museos; tamén atopamos un conto-agasallo para o aula titulado "Magda, la paleta de Van Gogh".
Comezamos a nosa tarefa resolvendo unha adiviña e identificando os museos entre outros edificios. Posteriormente, debuxamos un museo e lle puxemos un nome.
Na seguinte sesión fomos nomeando as cousas que sabiamos sobre os museos, a mestra as anotou no encerado e lle fixemos unha foto que, ao día seguinte, aproveitamos e pegamos no libro dos museos, decorándoa con pegatinas diferentes.
Por outra banda, elaboramos entre todos e todas unha lista onde anotamos todo o que nos gustaría saber dos museos e fixemos o mesmo que co que xa sabiamos.
Para poder resolver todas as dúbidas e cuestións que temos relativas aos museos, solicitamos a colaboración ás familias a través dunha circular que enviamos ás casas.
Coma sempre, lles damos as grazas aos nosos familiares por colaborar tanto cos nosos proxectos.
Moi boa motivación!!!! Gústame. Un saúdo.
ResponderEliminarMoitas grazas polo comentario.
ResponderEliminarO proxecto sobre o arte e os museos está a resultar todo un éxito co alumnado e familias. Están moi motivados.
Hoxe imos de excursión a dous museos de Vigo e xa comentaremos no blog a nosa experiencia.
Un saúdo