O pasado martes, os nenos e nenas de 5 anos desfrutamos coa lectura do primeiro conto de "La mariquita Juanita" titulado
"NACE LA MARIQUITA JUANITA".
Antes de comezar a lectura, todos/as nos sentamos formando un círculo para nos poder ver as caras e lembramos as normas que traballamos na sesión anterior.
Unha vez que todos estes pasos estaban "feitos" e correctos, a mestra comezou a lectura do conto pero, non viña soa a nos contar a historia... estaba acompañada da "mariquita Juanita"!!! Todos/as escoitabamos o conto moi atentos e, unha vez rematado, o dramatizamos de un en un. Representamos o nacemento de Juanita, a súa sorpresa cando se atopou nun xardín fermoso e, tamén, cando mirou o seu reflexo no lago. Fixémolo moi ben!!!
A continuación, puidemos tocar, sentir e percibir as diferentes sensacións que nos transmitíu Juanita. A xoaniña foi pasando polas mans de todos os nenos e nenas e, cada un deles, a puido tocar, bicar, darlle unha aperta,...
Despois de tocar a Juanita, elaboramos entre todos/as unha lista no encerado na que recollimos as súas características. Aquí as compartimos con todos e todas (a verdade é que atopamos un montón de características... describímola con todo detalle!!!):
1_Ten os ollos grandes, bonitos e de cor lila.
2_Ten unha cabeza grande e redondita.
3_É de cor vermello, negro e carne.
4_Ten dúas ás con círculos negros.
5_Ten catro patas.
6_É suave e agarimosa.
7_Ten unha boca pequena.
8_Ten un nariz negro e pequeno.
9_É bonita e moi boa.
10_Ten dúas antenas.
Unha vez feita a exhaustiva definición de Juanita, compartimos con todos/as a circular que enviariamos ás casas para que as familias colaborasen co proxecto.
CEIP.
RÍA DE VIGO-6º ED. INFANTIL (5 ANOS)-CURSO 2013/14
QUERIDAS FAMILIAS,
COMO SABÉS, ESTAMOS
TRABAJANDO EN EL AULA CON LOS CUENTOS DE LA MARIQUITA JUANITA.
POR UN LADO,
NECESITAMOS VUESTRA COLABORACIÓN PARA QUE NOS HAGÁIS LLEGAR AL AULA (SI ES
POSIBLE) DIFERENTES OBJETOS, PELUCHES, ETC. DE MARIQUITAS DEBIDAMENTE ETIQUETADOS CON EL NOMBRE DEL NIÑO/A.
POR OTRO, NOS
GUSTARÍA QUE PARTICIPÁSEIS CON NOSOTROS EN ESTA ACTIVIDAD DE DESCRIPCIONES.
LA MARIQUITA
JUANITA SE DESCRIBE A SÍ MISMA DE LA SIGUIENTE MANERA:
“ROJA Y
REDONDITA,
CON ALAS Y PATITAS,
Y, ¡OOOOOOOHHHH, UNA PEQUEÑA BOQUITA!”
POR ELLO,
NECESITAMOS QUE NOS ENVIÉIS AL AULA LA DESCRIPCIÓN DE CUALQUIER ANIMAL,
SIGUIENDO EL TIPO DE DESCRIPCIÓN QUE HACE JUANITA.
AQUÍ VA UN EJEMPLO,
DE LUISA, LA LOMBRIZ:
“SOY ALARGADA Y MARRONCITA,
TENGO UNA BICA AORETADITA.
Y, ¡OOOOOOOH, PAREZCO UNA OEQUEÑA COLITA!”
ESCRIBRIR VUESTRA
DESCRIPCIÓN Y DIBUJO/FOTO EN LA PÁGINA SIGUIENTE.
(PODÉIS AYUDAR
A LOS NIÑOS/AS QUE SEAN ELLOS/AS QUIEN LA ESCRIBAN Y HAGAN EL DIBUJO)
Para rematar esta divertida sesión, fixemos un xogo tradicional moi divertido: o VEO-VEO. Comezou a mestra e, o/a que acertaba era o/a seguinte en continuar. Xogamos soamente con obxectos das cores principais de Juanita, o vermello e o negro.
Cada vez que acertabamos o obxecto, faciamos unha foto que, despois, recolleremos nunha ficha para cada un de nós.
Aquí vos deixamos os obxectos negros e vermellos que fomos atopando:
NEGROS
Uns zapatos dun peluche
O pelo dunha compañeira
As botas da mestra Alba
O retroproxector da aula
VERMELLOS
Unha mesa
A tapa da caixa
Os leotardos dunhas compañeiras
O bote de pintura
Un cartafol da mestra Ángeles
Foi unha sesión moi entretida!!!
Dentro de pouco, poderedes desfrutar de máis novas relacionadas cos contos de Juanita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario