Onte, xoves 21 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de educación infantil estivemos de excursión en dous museos diferentes: a Fundación Novacaixagalicia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.
As 09:45 horas da mañá, saímos da escola nun autobús que nos levou ás dúas visitas.
Os primeiros en baixar foron os nenos e nenas de 5 anos, que pararon diante da Fundación Pedro Barrié da la Maza.
Nada máis chegar, deixaron as súas cazadoras e saudaron ás dúas monitoras da actividade, María e Silvia, que nos deron os bos días e nos convidaron a visitar a exposición, subindo, para comezar, nun ascensor xigante e transparente.
Esta exposición está adicada aos nosos antepasados. O alumnado, a través de diferentes salas e actividades, foi descubrindo como vivían os homes e mulleres na prehistoria, como se divertían, cales eran os seus xogos favoritos,...
As 09:45 horas da mañá, saímos da escola nun autobús que nos levou ás dúas visitas.
Os primeiros en baixar foron os nenos e nenas de 5 anos, que pararon diante da Fundación Pedro Barrié da la Maza.
Nada máis chegar, deixaron as súas cazadoras e saudaron ás dúas monitoras da actividade, María e Silvia, que nos deron os bos días e nos convidaron a visitar a exposición, subindo, para comezar, nun ascensor xigante e transparente.
Esta exposición está adicada aos nosos antepasados. O alumnado, a través de diferentes salas e actividades, foi descubrindo como vivían os homes e mulleres na prehistoria, como se divertían, cales eran os seus xogos favoritos,...
Título da exposición: "Festivalín. Historias de la historia"
Actividade para o alumnado: "De la cueva al campo de fútbo"
Duración da exposición: de outubro de 2013 a marzo de 2014.
Enderezo: Policarpo Sanz, 31. 36202 Vigo. España
Enderezo: Policarpo Sanz, 31. 36202 Vigo. España
Historias de la Historia é un proxecto educativo plantexado en sí mesmo como unha sorte de
ilusión, onde a realidade e a súa presentación son o resultado dunha
negociación entre o que se ve e o que un pensa que está a ver. A idea é construir,
imaxinar ou conformar distintas historias da Historia, que nunca son
exactamente iguais a como a contaron.
A
montaxe da exposición obedece á mirada dun neno, tendo en conta
distintos xogos de escala e unha colocación das obras que seguirá en
altura a evolución cronolóxica da mostra a partires dunha cinta
métrica preparada para medir o tempo. Trátase de entender como a
obra se transforma en relación ao tipo de público que se enfronte a
ela, buscando que a reacción física e perceptiva do público adulto
sexa, en algúns casos, tan rara e incómoda como acostuma a ser a
dun neno nunha sala de exposicións, e viceversa.
A
intención pedagóxica trata de outorgar aos conceptos “pasado” e
“futuro” unha dimensión metafórica que trascende o cronolóxico: trátase
de aprender a realidade, de comprender o mundo. As obras
selecionadas, aínda que nos conducen a distintos momentos da historia,
son realizadas por artistas contemporáneos e inclúen tamén obras
representativas da Colección de Pintura Internacional da Fundación
Barrié, así como outras obras de distintas coleciones privadas ou
intervencións site-specific para esta exposición.
Neste sentido o pasado non se referiría unicamente aos inicios da
vida na terra, senón tamén á vida do home e as súas culturas.
Pasado é situarse no ámbito do primigenio, de aquelo que estivo e
está, e dende se articulará o futuro.
No
que respecta ao futuro, a partires das obras expostas se
replantexan cuestións de sostenibilidade medioambiental, de
alimentación,
das comunicacións, das novas concepcións do tempo e do
espacio, de espacio público, etc. nun discurso aberto aos cambios e á
experimentación baixo a idea de que o futuro será o que queiramos
que sexa.
EXPOSICIÓN
Convertidos/as
en pequenos/as investigadores, adentrarémonos na exposición e, cos
ollos moi abertos, trataremos de encontar as pistas que as pezas
dispostas polo espazo nos dan sobre a información do noso planeta.
Colocarémosnos nos recunchos agachados da mostra para coñecer as covas
onde vivían os primeiros antepasados e descobrir como coloreando figuras
sobre teitos e paredes rochosas, inventaban un debuxo.
Faremos
unha viaxe a través do tempo ata chegar a un campo de fútbol moi
particular, poblado de extrañas formas que poderemos atopar no noso
mundo cando sexamos máis maiores.
OBRADOIRO
Ao
longo da visita, recrearemos o nacemento da Terra e a formación dos
seus elementos a través da expresión corporal e vocal. Mediante un xogo
de sombras e imitando a técnica empregada polo homes e mulleres
primitivos/as, representaremos sobre a parede o noso mundo tal q como
nós o vemos.
Para
rematar, imaxinaremos como nos gustaría que fóse a nosa cidade cando
sexamos maiores e, para que non se nos esqueza, a representaremos
utilizando xogos de construcción tradicionais.
Mentres os nenos e nenas de 5 anos comezaban a visita á Fundación Pedro Barrié de la Maza, o alumnado de 4 anos, iniciaba á súa visita á Fundación Novacaixagalicia e a exposición sobre as obras do artista Ruibal.
Alí, coñeceron e saudaron a Jorge e Carmen, os dous monitores que os acompañaron pola sala.
Puideron descobrir as obras de Ruibal, que con uns pouquiños simples trazos é capaz de realizar diferentes animais, así coma tamén esculturas sinxelas e diversas que os representan.
Puidemos atopar pola sala diferentes animais que nos indicaba Jorge e comentar con él as súas características máis importantes e diferentes curiosidades.
Tivemos momento para converternos en artistas, pintando as nosas propias xirafas que levamos de agasallo á escola.
Título da exposición: "A fauna na obra de Ruibal".
Actividade para o alumnado: "De gansos, xaguares e osos formigueiros"
Enderezo: Policarpo Sanz, 13,Vigo. 36202. Pontevedra.
Horario: De luns a venres de 17.30 a 20.30 h. Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.
Dende o 4 de outubro ata o 23 de novembro o Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acolle a mostra «A fauna na obra de Ruibal». Esta exposición reune máis de 50 obras do artista pontevedrés, non so pictóricas senón tamén escultóricas entre as que destacan as súas serpes sinuosas. As obras desta exposición foron recollidas no 2012 no libro homónimo La fauna en la obra de Ruibal. Dibujo-Pintura-Escultura, publicación que tamén estará presente na mostra.
A producción artística de Manolo Ruibal vai da man das
vivencias nos lugares nos que residiu, Madrid, Murcia, París, Roma,
Nova York... Fai máis dunha década, xa de volta en Galicia, iniciou
esta serie inspirada no mundo animal. A súa fauna reforza a sutileza do minimalismo e é o froito da súa
expresión que cambiou dende principios dos anos setenta.
Ao rematar as dúas visitas, cada unha das aulas foi ao museo que aínda non visitara.
O alumnado de 4 anos saíu da Fundación Novacaixagalicia e se dirixiu á Fundación Pedro Barrié de la Maza.
E o alumnado de 5 anos saíu da Fundación Pedro Barrié de la Maza e se dirixiu á Fundación Novacaixagalicia.
E ata aquí o noso axetreado día de visitas a diferentes museos de Vigo. Pasámolo moi ben e recomendamos estas visitas a todos os que pasen polo noso blog.
Aquí vos deixamos a ligazón para poder acceder ás imaxes:
https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20131121VisitaAosMuseos
https://picasaweb.google.com/104924940840955327392/20131121VisitaAosMuseos
Vese que o pasáchedes fenomenal. Sen dúbida unhas excursións fantásticas. Un bico.
ResponderEliminarMoitas grazas por comentar, Ana.
ResponderEliminarAs visitan foron un éxito; o alumnado pasouno pipa e aprendeu un montón de cousas tanto sobre os museos como sobre os temas de cada unha das exposicións que viron.
Organizamos moi ben a xornada xa que os dous museos están moi preto e puidemos desprazarnos camiñando de un ao outro.
Un saúdo
Muchas gracias por organizar esta salida, se lo pasaron genial.
ResponderEliminarGracias por tu comentario.
ResponderEliminarEl proyecto "Lendo con arte" y esta "parte" del mismo: los museos, está resultando todo un éxito. El alumnado está muy motivado y las actividades propuestas les gustan mucho. la excursión fue una de ellas y se convirtió en un día muy entretenido, motivador y lleno de información muy importante para ellos/as.
Saludos