O alumnado de educación infantil do cole está a traballar cos contos do libro "La mariquita Juanita".
A través deles aprendemos a pensar, traballamos e identificamos diferentes emocións, sensacións, aspectos do desenvolvemento, coñecemento persoal, así como adentrámonos no mundo da arte e coñecemos obras de diferentes artistas, técnicas pictóricas,...
Este ano, en maior medida que noutras ocasións, o arte estará presente de forma moi importante na escola, aspecto que contribuirá ao desenvolvemento de actividades para aprender a pensar.
O primeiro que fixemos nas aulas, antes de comezar a ler os contos de Juanita, foi establecer unha serie de normas para poder desenvolver as sesións de forma organizada e tranquila.
Estas normas descubrímolas a partires de detalles agachados nas obras de arte suxeridas na quía didáctica dos contos.
Aquí podedes ver cales foron:
ESCOITAR CON ATENCIÓN
PEDIR QUENDA
PASALO BEN
PENSAR SOBRE AS IDEAS QUE XURDEN
Aquí podedes ver ao alumnado de 4 anos, buscando coa lupa o detalle que indicaba a norma.
E ao alumnado de 5 anos, relacionando cada detalle co cadro ao que pertence.
Por último, podedes ver aquí as ficgas por se as quedredes descargar e facer nas vosas aulas.
Estes días, xa comezamos a traballar o primeiro conto do libro así que, dentro de pouco, poderedes desfrutar no blog das sesións que realizamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario