jueves, 21 de noviembre de 2013

Hoxe os nenos de 4 e 5 anos estamos de excursión

Hoxe, xoves 21 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de educación infantil temos programada unha saída na que visitaremos dous museos diferentes: a Fundación Novacaixagalicia e a Fundación Pedro Barrié de la Maza.
En canto sexa posible, poderedes desfrutar de todas as imaxes do día. Mentres tanto, aquí vos deixamos información sobre as dúas visitas que realizaremos e que nos servirán para coñecer diferentes tipos de museos, de exposicións, coñecer que hai mostras de artes gratuítas e de pago, descubrir diferentes tipos de entradas, de actividades, de xente que traballa nestes edificios,...

VISITA AO CENTRO CULTURAL FUNDACIÓN NOVAGALICIA VIGO



















Título da exposición: "A fauna na obra de Ruibal"
Actividade para o alumnado: "De gansos, xaguares e osos formigueiros"
Duración da exposición: do 4 de outubro ao 23 de novembro.
Enderezo: Policarpo Sanz, 13,Vigo. 36202. Pontevedra. 
Horario: De luns a venres de 17.30 a 20.30 h. Sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h
 

Dende o 4 de outubro ata o 23 de novembro o Centro Cultural Fundación Novacaixagalicia de Vigo acolle a mostra «A fauna na obra de Ruibal». Esta exposición reune máis de 50 obras do artista pontevedrés, non so pictóricas senón tamén escultóricas entre as que destacan as súas serpes sinuosas. As obras desta exposición foron recollidas no 2012 no libro homónimo La fauna en la obra de Ruibal. Dibujo-Pintura-Escultura, publicación que tamén estará presente na mostra.
A producción artística de Manolo Ruibal vai da man das vivencias nos lugares nos que residiu, Madrid, Murcia, París, Roma, Nova York... Fai máis dunha década, xa de volta en Galicia, iniciou esta serie inspirada no mundo animal. A súa fauna reforza a sutileza do minimalismo e é o froito da súa expresión que cambiou dende principios dos anos setenta.




VISITA Á FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA VIGO

















Título da exposición: "Festivalín. Historias de la historia"
Actividade para o alumnado: "De la cueva al campo de fútbo"
Duración da exposición: de outubro de 2013 a marzo de 2014.
Enderezo:  Policarpo Sanz, 31. 36202 Vigo. España


Historias de la Historia é un proxecto educativo plantexado en sí mesmo como unha sorte de ilusión, onde a realidade e a súa presentación son o resultado dunha negociación entre o que se ve e o que un pensa que está a ver. A idea é construir, imaxinar ou conformar distintas historias da Historia, que nunca son exactamente iguais a como a contaron.
A montaxe da exposición obedece á mirada dun neno, tendo en conta distintos xogos de escala e unha colocación das obras que seguirá en altura a evolución cronolóxica da mostra a partires dunha cinta métrica preparada para medir o tempo. Trátase de entender como a obra se transforma en relación ao tipo de público que se enfronte a ela, buscando que a reacción física e perceptiva do público adulto sexa, en algúns casos, tan rara e incómoda como acostuma a ser a dun neno nunha sala de exposicións, e viceversa. 
A intención pedagóxica trata de outorgar aos conceptos “pasado” e “futuro” unha dimensión metafórica que trascende o cronolóxico: trátase de aprender a realidade, de comprender o mundo. As obras selecionadas, aínda que nos conducen a distintos momentos da historia, son realizadas por artistas contemporáneos e inclúen tamén obras representativas da Colección de Pintura Internacional da Fundación Barrié, así como outras obras de distintas coleciones privadas ou intervencións  site-specific para esta exposición.
Neste sentido o pasado non se referiría unicamente aos inicios da vida na terra, senón tamén á vida do home e as súas culturas. Pasado é situarse no ámbito do primigenio, de aquelo que estivo e está, e dende se articulará o futuro.
No que respecta ao futuro, a partires das obras expostas se replantexan cuestións de sostenibilidade medioambiental, de alimentación, das comunicacións, das novas concepcións do tempo e do espacio, de espacio público, etc. nun discurso aberto aos cambios e á experimentación baixo a idea de que o futuro será o que queiramos que sexa.

EXPOSICIÓN
Convertidos/as en pequenos/as investigadores, adentrarémonos na exposición e, cos ollos moi abertos, trataremos de encontar as pistas que as pezas dispostas polo espazo nos dan sobre a información do noso planeta. Colocarémosnos nos recunchos agachados da mostra para coñecer as covas onde vivían os primeiros antepasados e descobrir como coloreando figuras sobre teitos e paredes rochosas, inventaban un debuxo.
Faremos unha viaxe a través do tempo ata chegar a un campo de fútbol moi particular, poblado de extrañas formas que poderemos atopar no noso mundo cando sexamos máis maiores.

OBRADOIRO
Ao longo da visita, recrearemos o nacemento da Terra e a formación dos seus elementos a través da expresión corporal e vocal. Mediante un xogo de sombras e imitando a técnica empregada polo homes e mulleres primitivos/as, representaremos sobre a parede o noso mundo tal q como nós o vemos.
Para rematar, imaxinaremos como nos gustaría que fóse a nosa cidade cando sexamos maiores e, para que non se nos esqueza, a representaremos utilizando xogos de construcción tradicionais.

2 comentarios:

  1. Seguro que disfrutades un montón nas dúas saídas. Xa nos amosaredes as fotos. Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Mañá mesmo, poderedes desfrutar de toda a información e imaxes.
    Saúdos e grazas por comentar

    ResponderEliminar