Onte celebramos na escola o noso tradicional Magosto.
Esta festa tradicional celébrase en Galicia fai moito tempo. Nun principio, a xente reuníase no monte para asar as castañas e pasar un bo momento arredor do lume. Na actualidade faise nas prazas, nos rueiros, nalgún recuncho da vila, nos adros das igrexas...
A tradición do magosto disque se remonta aos celtas, antigos habitantes de Galicia. Como eles non tiñan edificios nin templos onde celebrar as súas festas, facíanas no medio do bosque.
Para saber máis e poder xogar: http://www.slideshare.net/abondoso/magosto1
Na nosa escola, seguimos esta tradicional celebración e, se o tempo acompaña, a celebramos polo San Martiño, como é tradición.
Onte, sobre as 12:00 horas da mañá, comezou o reparto das castañas... Mmm, estaban boísimas!!!
Unha vez rematadas as castañas, comezou a hora dos xogos.
O mestre Arturo, repartiu ao alumnado en diferentes grupos de xogos e, os nenos e nenas de 6º e 5º de primaria, foron os encargados de atopar ao alumnado e o situar en cada un dos grupos-xogos.
Unha vez que cada un estivo situado no seu lugar correspondente, comezou a hora de xogar. Todos os nenos e nenas xogamos en cada un dos xogos xa que, despois dun determinado tempo, tiñamos que rotar por cada un deles.
Foi unha mañá moi entretida onde o tempo, as risas e a ledicia foron as características xerais.
Ata o ano que ven Magosto!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario