martes, 26 de noviembre de 2013

"La mariquita Juanita"_Aula 4 anos. Juanita reflexada no lago.

Se onte, contabamos na entrada do blog que o alumnado de 5 anos estivera a traballar co reflexo de Juanita no lago, hoxe é o momento de vos contar como o pasaron os nenos e nenas de 4 anos con esta mesma actividade.

Unha semana mais, na aula de catro anos estivemos a traballar co conto “Nace la mariquita Juanita”. Desta volta centramonos na parte na que Juanita se ve reflexada no lago e afirma que é moi linda.

Nun primer momento os estiveron dando exemplos de animais lindos e logo foron nomeando animais pequenos como Juanita, vermellos como Juanita, con manchas negras como Juanita e por último animais que voasen como Juanita.
Logo despois utilizamos como recurso escénico o espello grande que temos na aula, nun primeiro momento o encargado sostiña n aman una mariquita das que temos na exposición e foi dramatizando como si fora Juanita describíndose a si mesma.
Logo, un por un, pasáronse polo espello e se foron describindo.

Unha vez rematada esta fase do diálogo, pasamos ao traballo de mesa no que cada neno/a tiña que debuxar a Juanita reflexada no lago.


E as,í deste xeito, transcurriu a sesión desta semana. Na vindeira, viviremos novas experiencias  que aquí vos seguiremos contando.

2 comentarios: